APEHL

Medidas especiais para a hostalería os días 31 de decembro e 1 de xaneiro

Detallamos as medidas especiais para a hostalería establecidas polo Goberno autonómico para os días 31 de decembro de 2020 e 1 de xaneiro de 2021.

  • O día 31 de decembro de 2020, os clientes dos establecementos de hostalería e restauración dos ámbitos territoriais do ANEXO I e II desta Orde do 29 de decembro de 2020 deberán abandonar os citados establecementos antes das 23.00 horas.
  • O día 1 de xaneiro os establecementos de hostalería e restauración non poderán abrir antes das 11.00 horas.

Por outra banda, do Decreto 226/2020, publicado no DOG de onte, destacamos o seguinte:

  • Quedan restrinxidas as entradas e saídas de persoas dos concellos de Vilaba, Viveiro e Xove.
  • Mobilidade dentro do territorio da C. A. de Galicia entre o día 30 de decembro ás 00.00 horas e o día 1 de xaneiro ás 23:00 horas. Para todos os ámbitos territoriais quedan exceptuados das limitacións de entrada e saída aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace.
  • Limitación de mobilidade nocturna: na noite do 31 de decembro, a hora da limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno amplíase ata as 01:30 horas, unicamente para permitir o regreso ao domicilio. En ningún caso se utilizará esta ampliación horaria para desprazarse a diferentes encontros sociais.

Este decreto terá efectos desde as 00.00 horas do día 30/12/2020.