APEHL

Medidas específicas en Galicia

14.10.2020.

14.10.2020. O DOG Núm.207-Bis, do 14 de outubro de 2020, establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 en Galicia: 

  1. Adóptase de modo temporal, a medida de limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados a un máximo de 10 persoas, excepto no caso de persoas convivientes, en que non se aplicará esta limitación.
  2. Está orde terá efecto desde as 00.00 horas do 15 de outubro de 2020.Estas medidas serán obxecto de seguimento e avaliación, nun período non superior a 7 días naturais, desde a publicación desta orde no DOG.
  3. No caso de celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 15, 16, 17 e 18 de outubro que xa estivesen concertados con carácter previo ao día 14 de outubro, non será aplicable esta medida; pero os titulares dos establecementos deberán comunicar o evento á xefatura territorial  no mail xefatura.territorial.sanidade.lugo@sergas.es
  4. Esta medida non afecta os aforamentos do local, só ao número de persoas que forman un grupo na celebración ou evento.