APEHL

Medidas extraordinarias en Lugo para os establecementos de ocio nocturno

02.10.2020. O Concello de Lugo publica un decreto no que se fai referencia ás medidas extraordinarias de exercicio da súa actividade para os establecementos de ocio nocturno: 

1.Todos aqueles establecementos con licenza de ocio nocturno vixente poderán continuar desenvolvendo a actividade puramente hostaleira. (Véxase documento adxunto)

2. Queda prohibida a utilización de equipos de reprodución de música amplificada.

3. O horario máximo de peche será ás 01:00 horas, sen poder admitir clientes a partir das 00:00 horas.

4. O horario de apertura será o que corresponda segundo licenza concedida a cada establecemento.

5. Non se permitirá ouso de pistas de baile ou similares.