23.08.2023. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), como entidade adherida ao programa Retorna Cualifica Emprego, compartimos toda a información remitida pola Fundación Nortempo, empresa colaboradora da Xunta de Galicia.
O Programa Retorna Cualifica Emprego, liderado pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo retornar a persoas galegas que están a vivir no estranxeiro e teñen interese en regresar, para vivir e traballar en Galicia.
Na actualidade, estamos a buscar empresas que queiran colaborar neste programa ofrecendo un proceso de selección gratuíto para as empresas.
Folleto informativo sobre o programa.
Para máis información do programa, convidámosvos este venres, 25 de agosto, ás 10:00 h, a unha reunión online para empresas. Se estás interesado, solicita a Apehl o link á reunión.