APEHL

Nova lexislación sobre libros-rexistro e partes de entrada de viaxeiros

09.04.2021. Compartimos a Orde INT/321M, de 31 de marzo, pola que se modifica a Orde de Interior, 1922/2003, de 3 de xullo, sobre libros-rexistro e partes de entrada de viaxeiros en hoteis e outros aloxamentos análogos, en canto ás obrigas de rexistro documental. 

Como sabedes, esta é unha moi boa noticia, xa que a Confederación Española de Hoteis e  Aloxamentos Turísticos (CEHAT), patronal nacional da que formamos parte, leva máis de quince anos traballando detrás deste cambio normativo que por fin se produciu.

Destacámosvos os puntos máis importantes da orde:

  • Axilízase o check-in en hoteis e outros establecementos análogos.
  • A normativa anterior non recollía a posibilidade de que se asinen os partes de entrada de viaxeiros en soporte dixital ou que os libros-rexistro fosen conservados nese formato, polo que se actualiza o modelo de impreso de partes de entrada de viaxeiros, incluíndo información de utilidade para os establecementos hostaleiros e análogos, a fin de facilitar a implantación de todas as medidas sanitarias.
  • Os establecementos poderán cumprimentar os partes de entrada por procedementos manuais ou por procedementos informáticos, pero o viaxeiro deberá asinar devandito parte de maneira inescusable, podendo recollerse a firma en papel ou nun soporte dixital.
  • Unha vez cumprimentado e asinado o impreso, quedará no establecemento a efectos de confección dun libro-rexistro en formato impreso ou dixital. Os libros-rexistro en formato impreso ordenaranse de forma correlativa, constituíndo libros ou cadernos que integrarán un mínimo de 100 follas e un máximo de 500. Débense conservar os libros-rexistro durante 3 anos.
  • Os libros-rexistro en formato dixital deberán ser compatibles cos medios electrónicos das Forzas e Corpos de Seguridade, permitindo un tratamento seguro a fin de garantir a fiabilidade dos datos.

Entrada en vigor: 28 de abril.