APEHL

Novo curso: Monforte, recurso turístico

20.11.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo o curso `Monforte, recurso turístico’ os días 24, 25 e 26 de novembro en horario de 11.00 h a 12:30 h nas instalacións da delegación zona sur da Asociación (R/ Zapaterías, s/n).

A formación, subvencionada polo Concello de Monforte, será impartida pola guía turística de Galicia Ana Buján e está destinada ao sector hostaleiro e turístico, para darlle un maior servizo de información aos clientes e turistas que visiten a cidade.

As prazas son limitadas, para cumprir a normativa de aforamento. Todos aqueles interesados deben inscribirse no teléfono da delegación 982 412 050.

Programa