APEHL

Novo socio | Sala Jagger

 

 

 

 

 

 

Nome do establecemento: Sala Jagger

Dirección: Rúa da Cruz, 20 Baixo 27001 Lugo

 

 

ENTREVISTA | Tino Freijo, xerente

Cantos anos leva funcionando?

Abrimos en 2011 e, despois de pasar por varias transformacións estéticas, empezamos a facer concertos en 2016.

Desde 2018, a nosa actividade, ademais de ser un local de copas de primeira hora, céntrase moito máis nos concertos,  sendo hoxe un referente da música en directo, con artistas que nos visitan desde todo o territorio nacional e internacional.

Temos un calendario de concertos estable,  que programamos durante todo o ano de forma ininterrompida, cunha media de 10-12 concertos ao mes.

As nosas instalacións contan cun equipamento de primeira liña para o desenvolvemento de espectáculos, tanto de rider como de backline.

Fixemos diferentes ciclos de promoción de Xacobeo 21-22, patrocinados pola Xunta de Galicia

Por que apostou por este proxecto hostaleiro?

Apostamos fortemente por este proxecto porque pensamos que é moi necesario fomentar a cultura na nosa cidade e a oferta era moi escasa.

A localización do local, o tamaño, os medios... fan que sexa moi fácil de descubrir, ao estar na zona máis concorrida do centro histórico de Lugo,  á beira da Praza do Campo, da Catedral e, evidentemente, da Muralla Romana.

Cales son as súas especialidades?

A nosa especialidade á hora de traballar é a nosa música.

Ademais dos concertos,  contamos co mellor DJ da cidade, Alejandro González (Alex). Leva traballando connosco 8 anos e ten unha bagaxe profesional de máis de 15, un profesional que coñece todos os estilos actuais,  pero especialmente os 80's-90's-2000, onde se move como peixe na auga, o que se reflicte na nosa clientela, que habitualmente está  entre os 25 e 45 anos.

Por que decidiu unirse a Apehl?

Decidimos unirnos a Apehl porque cremos que a unión fai a forza. É unha asociación cunha gran traxectoria no sector hostaleiro e da que todas as informacións dos nosos compañeiros foron inmellorables.