APEHL

A Parada das Bestas acolle desde hoxe un curso sobre cultura do viño, organizado pola Apehl e a Deputación de Lugo

13.11.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, dá comezo hoxe ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que terá lugar os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro e será impartido polo Instituto Galego do Viño, dirixido por Xoan Cannas.

Cun total de 40 viños internacionais, 48 horas formativas e unha viaxe a Ribeira Sacra, o curso celebrarase en A Parada das Bestas, en Palas de Rei, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h. O número total de prazas, 25 persoas, xa foron cubertas.

Entre as materias teóricas da, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega formación están a historia do viño, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, o marketing en hostalería e o enoturismo.