APEHL

Permitida a reapertura de terrazas dos establecementos de ocio nocturno

11.09.2020. Orde do 10 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Os establecementos de ocio nocturno, discotecas, pubs, cafés-espéctaculo, salas de festas, así como de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga ás anteriores, poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas, para consumo e servizo sentado en mesa, nas seguintes condicións:

  1. Aforo 75 %.
  2. Non está permitida a instalación de barras para consumo ou servizo nelas a clientes da terraza.
  3. Manter a distancia de seguridade entre mesas ou agrupacións de mesas.
  4. Ocupación máxima de 10 persoas por mesa ou agrupacións de mesas, sempre que se poida manter a distancia mínima de seguridade entre elas.
  5. A hora de peche será a unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

Considérase terraza ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

Esta orde producirá efectos desde o día de hoxe.

Para máis información DOG Núm. 185