APEHL

Primeira Cata ...E para comer, Lugo no Camiño en Portomarín o vindeiro 21 de abril

  • O establecemento O Mirador acollerá o evento, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o vindeiro mércores 21 de abril.

16.04.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) ten en marcha a celebración por segundo ano consecutivo do Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

Como introdución ao Congreso, terán lugar as Catas …E para comer, Lugo no Camiño, que serán impartidas polo Instituto Galego do Viño en tres localizacións da provincia: Portomarín, o día 21 de abril; Quiroga, o 28 de abril, e Lourenzá, o 5 de maio.

A primeira delas será o mércores 21 de abril no establecemento O mirador (Rúa do Peregrino), en Portomarín, de 16:30 a 19:00  horas.

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforo, débense inscribir a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.

 

Máis información:

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Teléfono: 982 22 69 12.

Xacobeo 2021

Xunta de Galicia