APEHL

Quedada de motos e visitas guiadas por Monforte no XV Estase Cocendo

07.03.2023. A Ribeira Sacra continúa esta fin de semana coa celebración do Estase Cocendo 2023, evento patrocinado pola Deputación de Lugo e organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

As Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra céntranse durante todo este mes nun dos pratos estrela da comarca, o cocido. O programa do evento inclúe este domingo 12 de marzo unha quedada de motos. O día 11, sábado, haberá outra visita guiada por Monforte.

A cargo do guía José Castiñeira, a VII Quedada de Motos comezará ás 10:00 h nos Escolapios de Monforte e realizarase un percorrido por toda a Ribeira Sacra que remata no Saviñao, para xantar un cocido. Pola tarde visitarase o pazo Molinos de Antero.

Para participar nesta actividade, as persoas interesadas poderán facer a súa reserva previa antes do venres día 10 de marzo a través dos teléfonos 982 412 050 e 639 209 908.

Outra das actividades programadas para esta fin de semana é unha nova visita guiada por Monforte. Comezará ás 11:00 h nos Escolapios e inclúe unha degustación de viño DO Ribeira Sacra nas instalacións da delegación zona sur da Apehl. Para inscribirse, de forma totalmente gratuíta, pódese facer a través dos teléfonos 982 412 050 e 676 101 649.