APEHL

26.01.2024. La Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (Apehl) estará representada en el Campeonato Oficial Hostelería de

  • 31 provincias e 32 asociacións competirán polo título a 'Mellor Tapa/Pincho' de España no certame que terá lugar en Madrid Fusión os días 29 e 30 de xaneiro.
  • O Hotel Mercure-Brasas Brancas foi o gañador elexido por parte do xurado técnico na última edición do Concurso de Tapas de Lugo.

26.01.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará representada no Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos 2024, que organiza Hostelería de España co respaldo de Alimentos de España, Mahou San Miguel e Makro, por Rubén David Goyzueta, do restaurante Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, gañador do XVIII Concurso de Tapas de Lugo, celebrado na cidade durante o pasado mes de novembro.

Co patrocinio da área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, a Deputación de Lugo, o Concello de Quiroga, Estrella Galicia, Pemento de Mougan e INPE, a provincia de Lugo defenderá a súa candidatura neste campionato, que terá lugar no contexto do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión e que se desenvolve anualmente na capital. O evento aglutina os distintos campionatos do país para fomentar a profesionalidade do sector e pór en valor a tapa como elemento esencial da gastronomía española.

Para o Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos 2024, o cociñeiro Rubén David Goyzueta presentará o proposta Salmonete de Burela sobre parmentier de apionabo, zamburiñas da ría, espuma de nécora, caldiño de algas e aceite de oliva virxe extra de Quiroga.

A competición celebrarase durante os próximos 29 e 30 de xaneiro e participarán trinta e dous establecementos hostaleiros en representación das asociacións e federacións provinciais de hostalería, na que rivalizarán por gañar o premio á Mellor Tapa/Pincho.

Este campionato é a fase final dunha serie de concursos de tapas e pinchos adscritos e pertencentes ao conxunto das asociacións que integran Hostelería de España, como é o caso do XVIII Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).