APEHL

Toque de recollida ás 22:00 h en Galicia

DECRETO 3/2021, de 13 de xaneiro

  • Quedan restrinxidas as entradas e saídas de persoas: concello de Villalba, Viveiro, Xove e Lugo.
  • Limitación da mobilidade nocturna: durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:


a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

d) Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

e) Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

f) Asistencia e coidado de maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

i) Reposición en gasolineiras ou estacións de servizos, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores»

Este decreto terá efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xaneiro de 2021.

Orde de 13 de xaneiro