APEHL

Última hora | 16.03.2020 14:00 h

  • Tal e como fixemos durante esta fin de semana pasada, irémosvos remitindo toda a información que recibamos tanto do resto de asociacións de hostalería de España, como das patronais nacionais de Hostelería de España (CEHE) e de hostalería e aloxamento (CEHAT) que nos afectan e sexan comúns.
  • Polo momento non hai novidades na situación de peche dos negocios de hostalería e tampouco hai anunciada ningunha medida concreta económica e laboral. Con todo, si informaron que se acordarán medidas na próxima reunión do Consello de Ministros que se desenvolverá mañá martes 17 de marzo. Neste sentido, desde APEHL, xunto ao resto de asociacións nacionais e as federacións imos esixir medidas das que xa vos remitimos información e que podedes consultar na nosa web: www.apehl.org

RECORDATORIO:

  • Peche de establecementos de hostalería: restaurantes, cafeterías, café-bar, discotecas, salas de baile ou festa, cafés teatro, salóns de banquetes etc.
  • Está permitido vender comida a domicilio: lembramos que para exercer esta actividade debes dispor do Rexistro Sanitario correspondente (REGASA).
  • Dispós dunha Guía para un reparto a domicilio seguro para todos na nosa páxina.
  • Non se pode dar servizo de comida para levar.
  • Os aloxamentos poden permanecer abertos: neste caso, e como excepción, o restaurante e o bar dará servizo aos hóspedes. Para ampliar a información de aloxamento podedes visitar a nosa web.
  • Desde a Confederación de Empresarios de Lugo, que se encontra en permanente contacto coa Subdelegación do Gobierno, fannos saber que en Lugo, polo momento (insistimos, POLO MOMENTO), NON É NECESARIO ningún tipo de certificado ou modelo de autorización para que os traballadores poidan transitar pola vía pública nos seus desprazamentos ao centro de traballo. 
  • Seguiremos enviando  información por medio de correo electrónico e atenderemos as consultas, de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, a través das seguintes vías:

-Teléfono: 982.22.69.12

- Correo electrónico: comunicacion@apehl.org

  • Esta situación é a nivel nacional e todos xuntos poderemos conseguir o mellor para o sector.