APEHL

Volve a campaña Regálal...E Regálat…E para incentivar a venda de experiencias gastronómicas e turísticas como regalo deste Nadal

15.12.2021. Un total de 39 negocios hostaleiros da provincia entre restaurantes, bares, cafeterías, hoteis, empresas turísticas e bodegas... participan desde hoxe na campaña Regálal...E Regálat…E, coa que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) quere incentivar a venda de experiencias gastronómicas e turísticas como agasallo para este Nadal, “unha iniciativa para axudar a activar os nosos negocios coma xafixemos o anterior ano”, afirman.

A iniciativa ofrece ao cliente a posibilidade de comprar gastronomía, consumicións, estancias en hoteis, turismo rural, experiencias turísticas e enoturismo nos establecementos participantes. “É un bo atractivo para clientes particulares e tamén unha boa idea para empresas, que poidan substituir os seus obsequios do Nadal por este tipo de agasallos para os seus traballadores”, explican desde Apehl.

Os locais adheridos á campaña teñen un cartel identificativo como establecemento participante e uns tickets agasallo que se cubrirán en función da compra dos seus clientes. Na páxina web da Asociación (apehl.org) xa están visibles todos os establecementos participantes e a campaña desenvolverase desde hoxe, 15 de decembro, ata o 5 de xaneiro.

“Este Nadal imos regalar ...E para comer, Lugo”, destacan desde Apehl.

Listado de negocios participantes