APEHL

TR357B, TR357C e TR357D. Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE

10.02.2023. O programa de axudas da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE publicouse hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

CUANTÍA DAS AXUDAS

Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C)

Nesta liña poderán ser obxecto de subvención, ben de maneira conxunta ben por separado, os seguintes conceptos:

a) Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero.

b) Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa.

c) Os custos derivados da implantación das medidas previstas no plan de igualdade que
xa teña aprobado a entidade para o seu primeiro ano de vixencia. Non poderá solicitarse axuda por este concepto na mesma convocatoria en que se soliciten os supostos a) e b).

d) A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e, como mínimo, dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.

Cuantías das axudas

a) Ata o 80 % dos custos que comporte o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.

b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.

c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.

d) Unha contía de 12.000 € pola contratación, como mínimo, dun ano dunha persoa experta en igualdade.

A contratación prevista na letra d) é compatible coas axudas previstas nas letras a), b) e c).

Liña II. Conciliación (TR357D)

1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo

Poderán ser beneficiarias as empresas que non pertenzan aos sectores da economía da tecnoloxía da información e a comunicación (TIC) e que:

a) Formalicen, polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a dous anos, cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de, polo menos, un ano.

b) Contraten ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa, e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a dous anos.

Cuantías das axudas

As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.

O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria

Poderán ser beneficiarias as empresas que establezan nun convenio colectivo de empresa, ou mediante un acordo entre a empresa e quen exerza a representación legal das persoas traballadoras ou, na súa falta, coa totalidade do cadro de persoal, medidas de flexibilidade horaria. Poderá acordarse calquera medida de flexibilidade como sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, permisos especiais no caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a dous anos.

Cuantías das axudas

As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante.

O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo

Poderán ser beneficiarias as empresas que formalizasen acordos de teletraballo en vigor na data de presentación da solicitude, que deberán cumprir con todos os requisitos establecidos na Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia.

Non serán beneficiarias destas subvencións aquelas empresas que pertenzan a sectores TIC da economía.

Será subvencionable a adquisición de elementos tecnolóxicos seguintes: computador persoal, medios materiais para o acceso á internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas que se vaian desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral, persoal e familiar.

Cuantías das axudas

As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por empresa.

2. A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

Liña III. Certificacións de RSE (TR357B)

Será o pagamento do 80 % dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.

SOLICITUDE E PRAZO

O prazo de presentación iníciase mañá, día 11 de febreiro, e remata o 10 de marzo.

Descargar documentación