APEHL

Formación e orientación

Buscas traballo de forma activa? Infórmate!

26.12.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), co finanzamento da Consellería de Emprego e Igualdade, vai levar a cabo un ano máis o Programa Integrado de Emprego de Galicia para o ano 2023-2024, no que hai que ter contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego, co obxetivo dun mínimo do 45 % de inserción laboral.

Reservar a miña praza

Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

18.10.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que terá lugar os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro. 

Reservar a miña praza

Necesitas traballadores como mínimo 12 meses a xornada completa ou un fixo descontinuo como mínimo 15 meses dos cales 9 sexan de actividade?

23.08.2023. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), como entidade adherida ao programa Retorna Cualifica Emprego, compartimos toda a información remitida pola Fundación Nortempo, empresa colaboradora da Xunta de Galicia.

Reservar a miña praza

Curso Prevención de riscos laborais desde unha perspectiva de xénero

05.07.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para o mes de setembro o curso Prevención de riscos laborais desde unha perspectiva de xénero no sector da hostalería e o turismo.

As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, poden facelo enchendo o seguinte cuestionario ou póndose en contacto coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.

Reservar a miña praza

Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

27.10.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, prepara para os días 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo que será impartido por docentes do Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.

Tras completar o número de prazas dispoñibles, podes enviarnos igualmente a túa inscrición, pero entrarás nunha lista de reservas.

Reservar a miña praza

"A Cociña de Culler de Pau" por Javier Olleros

Lugar: Hotel Torre de Núñez, Lugo

Data: 22 de febreiro

Horario: 16:30 a 21:30

Reservar a miña praza

Curso de manipulador de alimentos

O obxectivo principal do curso de manipulador de alimentos é o de proporcionar unha información clara e de fácil comprensión que permita ás persoas que manipulan alimentos afrontar o día a día do seu traballo coas máximas garantías hixiénicas.

Reservar a miña praza