APEHL

TU503C. Subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización

DOG Nº 127 do 05 de xullo de 2023.

Obxecto
Contribuír á mellora da competitividade das empresas de aloxamento turístico, de restauración e das axencias de viaxes, promovendo o seu desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital do sector para potenciar Galicia como destino turístico.

Beneficiarios
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de empresas de aloxamento turístico, de restauración e de axencias de viaxes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que inscriban e autoricen ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita
a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
En concreto, son actuacións subvencionables as que realicen calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.
b) As empresas de restauración (restaurantes, cafeterías e bares).
c) As axencias de viaxes.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.
Así mesmo, terán a consideración de empresa, para os efectos de poder ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas que desenvolvan a súa actividade en réxime de autónomos.
Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación
Dende o 06/07/2023 ata o 07/08/2023.

Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a persoa solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2023.

1.1. Gastos derivados da transformación dixital.
a) Instalación de novos PMS (property management system) e ERP (enterprise resourceplanning) e integración de PMS e ERP actuais.
b) Instalación de novos CRM (customer relationship management), tanto integrados con PMS como non integrados.
c) Instalación dun channel manager.
d) Instalación de ferramentas de visualización, consulta e análise de datos.
e) Implementación de motores de reserva.
f) Incorporación de sistemas e metodoloxías para reforzar a seguridade dos datos.
g) Utilización de tecnoloxías disruptivas na realización da actividade da empresa: blockchain, realidade virtual ou aumentada, big data e análise-explotación de datos, sensorización e comunicación entre máquinas, intelixencia artificial.

1.2. Gastos de equipamento tecnolóxico necesarios para os indicados no apartado anterior.
En todo caso, queda excluída a telefonía. Estes gastos de equipamento tecnolóxico asociados aos indicados no apartado 1.1 non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.

1.3. Gastos de aloxamento ou servizos na nube necesarios para os gastos indicados noapartado 1.1.

1.4. Gastos derivados da creación do produto e /o comercialización do destino Galicia.
a) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.
b) Gastos derivados dos custos da pertenza a grupos de compra e/o xestión do uso de ferramentas para a creación do produto turístico e/o de comercialización do destino Galicia.

Porcentaxe subvencionable e importe máximo subvencionable
A porcentaxe é dun 80 % do investimento.
O investimento máximo subvencionable será de ata 15.000 euros por persoa beneficiaria, polo que a axuda máxima será de 12.000 euros.

Descargar documentación