APEHL

Axudas do Plan de apoio á hostalería no Concello de Begonte

26.02.2021. BOP Nº 046

Prazo de solicitude
15 días naturais desde odía seguente á publicación no BOP da convocatoria

Beneficiarios
Poderán solicitar esta subvención as persoas físicas autónomas e persoas xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica legalmente constituídas, que leven a cabo as actividades de hostalería e restauración afectadas polo peche derivado do RD 926/2020, de 25 de outubro, e establecido despois na Orde da Consellería de Sanidade, de 26 de xaneiro de 2021 (DOG nº 26-Bis, do 26 de xaneiro).


Requisitos
a) Que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa traballador autónomo ou entidade.
b) Que a actividade que desenvolven viuse afectada o peche de establecementos disposto no RD 926/2020, de 25 de outubro, e Orde da Consellería de Sanidade, de 26 de xaneiro de 2021.
c) Que o domicilio fiscal e, no seu caso o local de desenvolvemento da actividade, atópense no termo municipal de Begonte.
d) Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social e en Facenda no momento da presentación da instancia.
e) Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, e en particular, non ter débedas coa Facenda Estatal (AEAT) e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS). Este requisito debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude até a data do pago da subvención, no seu caso.
f) Non ter débeda algunha pendente co Concello de Begonte.


Contía de axuda
Contía fixa de 1.000,00 €

 

Descargar documentación