APEHL

Adhesión das empresas ao bono Quedamos en Galicia 2

24.03.2021. DOG Nº 55

Prazo: 24.03.2021-15.12.2021

Poden participar no programa os aloxamentos e as axencias de viaxes que ofrezan os seus produtos en Galicia.

Os aloxamentos e axencias de viaxes que desexen adherirse ao bono turístico Quedamos en Galicia poderán presentar as súas propostas a partir de hoxe, mércores 24 de marzo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Poderán participar no programa todos os establecementos de aloxamento, coa excepción das vivendas de uso turístico, así como as axencias de viaxes, que presten os seus servizos en Galicia. Deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT). Ademais, terán que rexistrarse (se non o están xa) en Turespazo (https://turespazo.turismo.gal) e deberán dispor de TPV con número de comercio que os identifique para o pago electrónico.

As empresas adheridas deberán expor unha oferta de aloxamentos, servizos ou produtos específicos e, no caso das axencias de viaxes, poderán ofrecer paquetes turísticos.

Os usuarios disporán de tres tipos de bonos: un de 500 euros, outro de 375 e outro de 250 euros. Estarán subvencionados nun 60 por cento pola Xunta de Galicia.

As propostas de establecementos e axencias comezaranse a tramitar a partir do día 5 de abril, data na que poderán empezar a subirse xa as ofertas a Turespazo.

O catálogo de empresas e ofertas farase público finalmente na páxina do novo bono, https://www.turismo.gal/quedamosengalicia2, o día 12 de abril.

Máis información

 

Descargar documentación