APEHL

Axudas para o impulso da actividade económica no concello de Viveiro para paliar os efectos da COVID-19

02.08.2021. BOP Nº 175

Obxecto
Axudas destinadas a paliar o impacto derivado da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 sobre os pequenos empresarios e autónomos de Viveiro que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 50 % no exercicio 2020 respecto do exercicio 2019 pola crise sanitaria de a COVID-19.

Prazo de solicitude
Ata o 3 de setembro de 2021

Beneficiarios
Autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, radicadas no concello de Viveiro e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 50 % no exercicio 2020 respecto do exercicio 2019, ou, no caso de apertura no primeiro trimestre de 2020, baixada de facturación de polo menos o 50 % nos sucesivos trimestres do 2020 respecto ao primeiro.

Gastos subvencionables
Ten a consideración de concepto subvencionable o financiamento de gastos estruturais e de funcionamento correntes, que axuden ao mantemento da actividade.
O importe da subvención deberá destinarse a gastos inherentes á actividade, funcionamento e mantemento da empresa, podendo destinarse aos gastos de aluguer de local ou vehículos da empresa, gastos hipotecarios do local ou sede social da empresa, dixitalización do negocio, nóminas de traballadores, cotas á seguridade social dos traballadores ou empresario autónomo, márketing e publicidade, actuacións de mantemento do local, subministracións ou materias primas, servizos profesionais independentes, primas de seguros (será subvencionable a parte proporcional correspondente a 6 meses), servizos de seguridade e subministracións (auga, electricidade e gas).
Os gastos subvencionables corresponderanse con gastos realizados e efectivamente abonados entre o período comprendido do 15.03.2020 ao 30.06.2021.

Non poderán acollerse a estas axudas quen

Fosen beneficiarios das axudas do Concello de Viveiro no exercicio 2020 para actividades que se visen afectada o peche de establecementos disposto no RD 463/2020, de 14 de marzo, no RD 465/2020, de 17 de marzo, polo que se modifica o anterior ou nas ordes de desenvolvemento dos mesmos ditadas durante o estado de alarma.
Sexan susceptibles de acollerse á Orde da Consellería de Emprego e Igualdade de 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalería, de apoio ao sector da hostalería (TR500C), e procédese á súa convocatoria para 2021.

Contía da axuda
Contía fixa de 850,00 €

Descargar documentación