APEHL

TR357B, TR357C e TR357D. Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial

04.02.2022. Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. Códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D.

Liñas das axudas

Liña I: Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C).

Nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e modifícase o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Liña II: conciliación (TR357D) que, á súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.

Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Liña III: Certificacións de RSE (TR357B).

Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globlal Compact (pacto mundial); ESO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ESO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ESO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, así mesmo selo horarios racionais (SHR).

Requisitos das empresas solicitantes. Liñas I, II e III.

1. As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas. Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con 10 persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo de 1 persoa traballadora, e se a solicitude é para a sublínea 2, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C)

Contías das axudas

a) Ata o 80 % dos custos que leve consigo o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.

b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.

c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.

d) Unha contía de 12.000 € pola contratación como mínimo dun ano dunha persoa experta en igualdade. A contratación prevista na letra d) é compatible coas axudas previstas nas letras a), b), e c).

Liña II. Conciliación (TR357D)

Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo

Requisitos específicos das empresas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as empresas que alén de cumprir cos requisitos do artigo 5 desta orde non pertenzan aos sectores da economía da tecnoloxía da información e a comunicación (TIC) e que:

a) Formalicen, polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a dous anos, cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de polo menos un ano, e/ou

b) Contraten ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a dous anos.

Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria

Requisitos específicos das empresas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as empresas que ao ademais de cumprir cos requisitos do artigo 5 establezan nun convenio colectivo de empresa, ou mediante un acordo entre a empresa e quen exerza a representación legal das persoas traballadoras ou, na súa falta, coa totalidade do persoal, medidas de flexibilidade horaria. Poderá acordarse calquera medida de flexibilidade como sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, permisos especiais no caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a dous anos.

Requisitos do acordo de flexibilidade horaria

O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van a implantar de xeito que queden reflectidas as melloras propostas con respecto á situación anterior e o compromiso de que as devanditas medidas manteranse durante, cando menos, dous anos.

Contía dos incentivos

As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante.

O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Liña III. Certificacións de RSE (TR357B)

Contía da axuda

Será o pago do 80 % dos custos que leve consigo o proceso da certificación ou verificación cun máximo de 2.000 € por empresa.

Descargar documentación