APEHL

Programa de incentivos vinculados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas

22.04.2022. Subvencións correspondentes ao Programa de Incentivos 1 do r.d. 1124/2021, vinculados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e outros sectores da economía, incluíndo o sector residencial no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código do procedemento IN422N).

DOG NÚM.63

Proxectos subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables todas aquelas actuacións encamiñadas á implantación de novas instalacións térmicas renovables, ampliacións e substitucións de sistemas de produción existentes que abastezan calquera das seguintes aplicacións ou un conxunto delas:

  • Aplicacións térmicas para produción de frío e/ou calor en edificios.
  • Aplicacións de baixa, media e alta temperatura en procesos produtivos ou outras aplicacións térmicas.

As actuacións subvencionables inclúen as tecnoloxías: solar térmica, biomasa, geotermia, hidrotermia, aerotermia e microrredes de distrito de calor e/ou frío.

No caso das bombas de calor deberán ter un SPF superior a 2,5. En instalacións de biomasa, deberase lograr unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de polo menos un 80 %. Para actuacións de microrredes de distrito de calor e/ou frío, a axuda máxima a percibir corresponderase co primeiro MW de potencia da instalación de produción e/ou o primeiro MW de potencia en intercambio.

Os aparellos de calefacción local incluídos neste programa deben dispor da parte frontal pechada.

Para actuacións que garden relación con redes de calor e/ou frío poderanse combinar dous ou máis tipoloxías nunha soa solicitude.

Todas as instalacións, excepto a tipoloxía de Biomasa aparellos de calefacción local, deberán contar cun sistema de monitorización da enerxía térmica producida pola instalación obxecto de subvención.

Prazo de presentación

Desde o 20 de abril de 2022 ata o 31 de decembro de 2023, que ao ser inhábil prorrógase ata o 2 de xaneiro do 2024.

Descargar documentación