APEHL

Abadía San Simón e Cervecería Mulligan´s, gañadores do Cume Tapas Exprés tras obter o mesmo número de votos

30.10.2023. Os seguidores do Cume Tapas Exprés outorgáronlle a vitoria ás tapas “Explosión de esperanza”, presentada por Cervecería Mulligan´s, e “Solombo real con salsa de cogomelos de tempada”, do establecemento Abadía San Simón, tras alcanzar un empate co mesmo número de votos. Así o anunciou esta mañá a delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) despois de concluír o reconto de votos na tarde de onte.

Durante o acto, tamén se fixo o sorteo da estancia para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico Spa****, de Oia (Pontevedra), e se deu o nome do gañador do maratón das fotografías publicadas en Instagram. A delegación da Apehl poñerase en contacto con todos eles a través dos teléfonos facilitados.

A entrega de premios farase efectiva nun acto que se celebrará no mes de decembro, cuxa data será anunciada debidamente chegado o momento.