APEHL

Ampliación de horario durante o Nadal nos locais asociados á Apehl

22.12.2022. A maioría dos Concellos da provincia, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autorizan a ampliación de dúas horas sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma desde a noite do 22 ao 23 de decembro ata a noite do 5 ao 6 de xaneiro, con motivo da celebración das festas de Nadal, a excepción dos seguintes que non enviaron a autorización: Carballedo, Chantada, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Pantón, Pol e Trabada.

Abadín, Portomarín e Guitiriz só autorizan a ampliación do horario nunha hora.

O Concello de Viveiro autoriza unha hora nas noites do 23 ao 24, do 24 ao 25 e do 30 ao 31 de decembro e do 5 ao 6, do 6 ao 7 e do 7 ao 8 de xaneiro e permite dúas horas máis na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro.

O Concello de Burela amplía unha hora para restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías, bares e pubs e media hora para discotecas as noites do 23 ao 24, 24 ao 25, do 25 ao 26, do 30 ao 31 de decembro, do 31 ao 1 de xaneiro, do 1 ao 2 e do 5 ao 6 de xaneiro.

O Concello de Vilalba autoriza dúas horas tan só os días 23, 24, 30 e 31 de decembro e 5 e 6 de xaneiro.

O Concello de Quiroga autoriza dúas horas o día 25 de decembro e os días 1, 6, 7 e 8 de xaneiro.