APEHL

Ampliación de horario nos locais do Concello de Lugo asociados á Apehl durante o Arde Lucus

25.06.2020. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados do Concello de Lugo, que non teñan prohibida a súa actividade pola situación epidemiolóxica existente e sempre respectando as medidas de seguridade propostas polas autoridades sanitarias, para as noites do 25 ao 26, do 26 ao 27 e do 27 ao 28 de xuño, con motivo do Arde Lucus.