APEHL

Ampliación de horario nos locais asociados á APEHL durante as festas de Entroido

21.02.2020. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta nas noites dos días 21, 22, 23 e 24 de febreiro, con motivo da celebración das festas de Entroido. 

A autorización poderá aplicarse en todos os concellos da provincia, agás no Concellos de Negueira de Muñiz e Xove. En Viveiro tampouco se autoriza a ampliación de horario a noite do 23 ao 24 de febreiro.