APEHL

Ampliación de horario nos locais asociados á APEHL durante a ponte de Todos Os Santos

31.10.2019. A Xefatura Territorial da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta nas noites do xoves 31 de outubro ao venres 1 de novembro, do venres 1 ao sábado 2, e do sábado 2 ao domingo 3, con motivo da celebración da ponte de Todos Os Santos.  

A autorización poderá aplicarse en todos os concellos da provincia, agás no Concello de Friol.