APEHL

Boas cifras de ocupación hoteleira durante esta Semana Santa en toda Galicia

01.04.2024. O presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia), integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Cheché Real, informa dos datos de ocupación hoteleira destes días de Semana Santa na comunidade galega.

Na cidade da Coruña a media rexistrada durante os festivos de Semana Santa foi do 80 %, chegando na cidade de Ferrol ao 85 %

Na provincia de Lugo a media chegou ao 81 %, cunha ocupación media na zona sur (Ribeira Sacra) do 89 %; na cidade de Lugo, do 79 %; na Terra Cha, do 76 %, e na Mariña, do 80 %.

Por outra parte, a ocupación media na provincia de Ourense superou o 80 % e a media na cidade de Pontevedra alcanzou un 70 %, chegando en Vigo ao 60 % e en Sanxenxo ao 70 %.

Segundo indica Real, “o día clave foi o venres, no que se logrou nalgúns casos o 95 % e 100 % de ocupación”

A maior parte dos turistas que visitaron Galicia foron de procedencia nacional e “notouse un incremento considerable nas reservas de toda a restauración”, ao que engade Cheché Real, “as previsións climatolóxicas posiblemente freasen as viaxes de moitos visitantes, pero hai que ter en conta que estas cifras son de ocupación. Galicia recibiu a moita xente que vive fóra e que xa ten vivenda ou familiares aquí, por iso as rúas das nosas cidades estiveron cheas, aínda que as cifras non o reflictan ben”.