APEHL

Conta atrás para as xornadas gastronómicas O Tablazo

11.10.2019. Os xoves, venres, sábados e domingos da segunda quincena do mes de novembro celébranse as II Xornadas Gastronómicas O Tablazo.

MC, Cardenal, Chokolat, Abadía San Simón, Brancellao, Casa Carballo, A Cova II, Terra Vip (Monforte de Lemos), A Cantina dos meus avós (Sober) e La vieja taberna (A Pobra do Brollón) son os dez establecementos participantes nesta iniciativa na que ofertan unha botella de viño novo D.O. Ribeira Sacra máis ración ou táboa de embutidos por 14,50 euros.