APEHL

A Apehl participou esta mañá na presentación de Hostelería #PorElClima

31.03.2023. A Terraza do Méndez (Lugo) acolleu esta mañá o acto de presentación de Hostelería #PorElClima, plataforma que promove a sustentabilidade e as accións para a loita contra o cambio climático dentro do sector. O proxecto, desenvolto por Coca-Cola e Ecodes, conta co apoio de Hosteleria de España e da Apehl. Esta iniciativa xa conta con preto de 100 locais adheridos na provincia de Lugo.

Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e presidente de Hostalería de Galicia, estivo presente na xornada, na cal se falou da importancia estratéxica do proxecto e destacou que xa se están alcanzando obxectivo que hai 15 anos eran impensables. Tamén asistiron ao encontro María Troncoso, xestora de Sustentabilidade, Asuntos Públicos e Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners Iberia;  Pablo Rivera, deputado da Área de Promoción Económica e Social; Tareixa Antía Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do concello de Lugo; Pablo Barrenechea, director de Acción Climática de Ecodes; Ana González Abelleira, concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego do concello de Lugo, e Marta Barreiro, secretaria territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

En total, puxéronse en marcha en Lugo ata 1.011 medidas en temas de aforro de auga, eficiencia enerxética, mobilidade sustentable, consumo responsable, pegada de carbono e xestión dos residuos nos establecementos adheridos. Unha das principais conclusións extraídas do informe realizado foi o interese do 100 % dos locais hostaleiros da cidade por traballar con provedores locais. Outras medidas que máis contemplan os establecementos son o uso de lámpadas LED, un 100 %, e o uso de dobre descarga en inodoros, un 90 %, para evitar perdas de auga innecesarias. A reutilización de envases de vidro, nun 98 % sobre o total, é outra das medidas que é necesario resaltar.

SOBRE HOSTELERÍA #PORELCLIMA

Hostalería #PorElClima naceu en 2017, tras o chamamento mundial do Acordo de París para adoptar medidas que contribuíran a frear a emerxencia climática. Constitúe unha plataforma virtual que une á comunidade de establecementos de hostalería que decidiron comprometerse coa sociedade, co noso entorno e cun futuro mellor. Forma parte da Comunidade #PorElClima e está desenvolta por Ecodes, coa colaboración estratéxica e o impulso de Coca-Cola e o apoio de Hostalería de España.

O proxecto facilita, cun enfoque positivo centrado nas solucións, que as empresas de hostalería se sumen á loita contra o cambio climático e fagan a transición cara unha economía baixa en carbono contribuíndo a implementar con ambición os obxectivos do Acordo de París. Todo iso, expoñendo e dando visibilidade ás accións que, desde a hostalería, xa se realizan en favor do clima e ofrecendo ferramentas, información e pautas de actuación para, coa implicación de todos, frear o cambio climático. Desde que se puxo en marcha hai cinco anos, máis de 4.000 establecementos adheríronse á iniciativa, desenvolvendo máis de 60.000 accións polo clima.

Agora, o reto pasa por involucrar a un maior número de hostaleiros nsta iniciativa dentro dun sector que conta con case 315.000 establecementos en todo o territorio español, cun peso do 6,4% no PIB nacional, 1,7 millóns de empregos xerados e unha facturación anual de 129.000 millóns de euros.