APEHL

A Apehl renova o convenio con Lucuscar con descontos para a compra de vehículos

03.03.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) renovou esta mañá o acordo de colaboración que mantiña con Lucuscar SL (Citroën) co obxectivo de garantir importantes descontos para os seus asociados na adquisición de vehículos desta marca durante o ano 2020.

No convenio está incluída toda a rede de servizos oficiais de Citroën na provincia de Lugo e todos aqueles socios da Apehl que queiran beneficiarse deste convenio deberán acreditarse debidamente para poder facer uso do mesmo.

Descontos e rede oficial de Citroën na provincia