APEHL

Mascarillas personalizadas cos logos de Apehl e ...E para comer, Lugo

25.05.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) saca unha liña de máscaras personalizadas cos logos da Asociación e de ...E para comer, Lugo a través dun distribuidor lucense.

As máscaras están confeccionadas con poliéster que provén de botellas recicladas de PET. Maskaeco é unha máscara hixiénica ecosostenible e reutilizable para filtro certificado por laboratorio en eficacia de filtración bacteriana dun 90 % e de produción 100 % galega. Son lavables e o único que hai que facer é cambiar o filtro.

Nos próximos días tamén estarán dispoñibles pantallas de protección personalizadas co logo da marca turístico gastronómica ...E para comer, Lugo.

Contacta coa Asociación para conseguilas.