APEHL

Restricións contra a covid-19 desde o 31 de decembro ao 18 de xaneiro

30.12.2021. O Diario Oficial de Galicia nº 249-Bis recolle a Orde de 29 de decembro de 2021 pola que se modifica a Orde de 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde de 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalería segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde de 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas son as novas restricións desde as 00.00 horas do 31 de decembro ata o 18 de xaneiro:

RESTAURACIÓN

  • A hostalería terá que pechar ás 00:00 horas todos os días, excepto os venres e os sábados, que se amplía o horario á 1 da madrugada.
  • Ocupación máxima de 8 persoas por mesa no interior e de 10 persoas por mesa no exterior.
  • Non consumo en barra.
  • Horario de Noitevella ata a 1 da madrugada.
  • O día 1 de xaneiro non se poderán prestar servizos a clientes entre a 1.00 e as 9.00 horas da mañá.

LECER NOCTURNO

  • Ocupación máxima de 8 persoas por mesa no interior e de 10 persoas no exterior.
  • Non consumo en barra.
  • Reduce o seu horario ás 3 da madrugada.
  • Desde o 31 de decembro ao 18 de xaneiro non se poderán organizar festas, cotillóns, festas de Reis... relacionadas co Nadal nin facer publicidade sobre este tipo de festas.
  • Os que decidan non abrir desde as 0.00 horas do 31 de decembro ás 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022, poderán acollerse a un paquete de axudas que irán desde os 2.500 aos 45.000 euros segundo os requisitos establecidos nas bases e prevese que saian en xaneiro de 2022.
  • Para poder optar ás axudas é obrigatorio remitir un correo a pechelecernocturno@xunta.gal antes das 00.00 horas do 31 de decembro, comunicando o nome do establecemento, dirección, razón social e CIF.
  • Tamén quedarán excluídos os establecementos que adianten ou atrasen a outras datas as festas ou eventos relacionados con Fin de Ano.

Orde no DOG nº 249-Bis