APEHL

Novas

Os hostaleiros de Lugo volven celebrar a súa gala provincial en Vilalba

17.04.2023. Tras tres anos sen reunirse, como viña sendo habitual, por culpa da pandemia, o encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), volveu celebrarse esta noite no hotel Spa Attica 21 de Vilalba.

Durante a gala, que comezou ás 21:00 horas, fíxose entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, homenaxeando así a traxectoria de María Luisa Rey e Jesús Pena, de A Nosa ...

A Apehl retoma a súa gala provincial da hostalería lucense

13.04.2023. O encontro do gremio dos hostaleiros da provincia de Lugo volve este luns día 17 de abril tras varios anos de parón debido á pandemia. O acto celebrarase no hotel Spa Attica 21 de Vilalba.

Durante esta gala anual, que dará comezo ás 21:00 horas, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fará entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, destinados este ano a María Luisa Rey e Jesús Pena, do establecemento A ...

Alta ocupación hoteleira durante esta Semana Santa en toda Galicia

10.04.2023. A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia), integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, informa dos datos de ocupación real destes días de Semana Santa na comunidade galega.

Na Coruña a media rexistrada durante os festivos de Semana Santa foi do 85 %, chegando nalgúns establecementos ao 90-95 %.

Na provincia de Lugo a media chegou ao 90 %, cunha ocupación media na zona sur (Ribeira Sacra) ...

A provincia de Lugo consegue unha alta ocupación hoteleira nesta Semana Santa

10.04.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou os datos rexistrados da ocupación hoteleira na provincia durante Semana Santa, os cales revelan que xa se recuperan as cifras de 2019, previas á pandemia.

A Ribeira Sacra foi a zona con maior número de visitantes, cunha media do 98 %. Destacou especialmente nesta comarca Monforte de Lemos, ao celebrar a súa Feira Medieval. A Mariña tivo unha ocupación media do 89 %. A cidade de ...

Xa temos o número premiado coa cesta de produtos de porco entre as rifas do Estase Cocendo 2023

03.04.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica o número agraciado co premio dunha cesta de produtos de porco da Asociación Prodeme no Estase Cocendo 2023, evento patrocinado pola Deputación de Lugo.

O número de referencia para comprobar a rifa gañadora é o 00.813, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 1 de abril. A papeleta premiada debe ter as catro últimas cifras iguais ás deste número.

A persoa ...

Case todos os Concellos autorizan a ampliación de dúas horas no horario de peche para os asociados da Apehl por Semana Santa

31.03.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante esta Semana Santa.

A asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 1 ao 2 de abril ata a noite do día 8 ...

A Apehl participou esta mañá na presentación de Hostelería #PorElClima

31.03.2023. A Terraza do Méndez (Lugo) acolleu esta mañá o acto de presentación de Hostelería #PorElClima, plataforma que promove a sustentabilidade e as accións para a loita contra o cambio climático dentro do sector. O proxecto, desenvolto por Coca-Cola e Ecodes, conta co apoio de Hosteleria de España e da Apehl. Esta iniciativa xa conta con preto de 100 locais adheridos na provincia de Lugo.

Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) ...

Balance moi positivo do XV Estase Cocendo

27.03.2023. O Estase Cocendo 2023, evento patrocinado pola Deputación de Lugo e organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), foi todo un éxito. Tras facer balance desta décimo quinta edición, quedou claro que a implicación de todos foi clave á hora de obter uns resultados totalmente positivos.

Desde Apehl agradecen a todas as persoas que se uniron ás actividades. Dan as grazas tamén é Deputación de Lugo polo seu patrocinio e a todos os ...

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo visitou os alumnos do Programa Integrado de Emprego da Apehl

23.03.2023. Esta mañá, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, acompañado pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández, fixo unha visita os alumnos da acción formativa axudante de camareiro, que se está impartindo no centro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

O presidente da asociación, Cheché Real, explicou aos alumnos a importancia da formación dentro do sector e recalcou o papel da Xunta de ...

Convenio entre a Apehl e a Axencia de Turismo de Galicia

23.03.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo asinou un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia co fin de apoiar a estrutura e funcionamento da entidade durante o ano 2023.