APEHL

Celebrada a primeira Cata ...E para comer, Lugo en Portomarín

O establecemento O Mirador acolleu o evento, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, esta tarde.

21.04.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) ten en marcha a celebración por segundo ano consecutivo do Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

Como introdución ao Congreso, celebrouse a primeira das Catas …E para comer, Lugo no Camiño no establecemento O Mirador, de Portomarín. A sesión foi impartida de 16:30 a 19:00  horas por Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, nivel 3 da Wine & Spirit Education Trust (WSET) e representante de Galicia no Campionato de España de Sumilleres ata en cinco ocasións.

PRÓXIMAS CATAS

As Catas …E para comer, Lugo no Camiño continuarán celebrándose as próximas semanas: o 28 de abril, en Quiroga, e o 5 de maio, en Lourenzá.

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, tanto no Congreso como nas Catas, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforamento, débense inscribir a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.

 

Máis información:

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Teléfono: 982 22 69 12.

Xacobeo 2021

Xunta de Galicia