APEHL

Novas

A Apehl forma a unha vintena de retornados galegos para cubrir o déficit de traballadores en hostalería

06.11.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), como entidade adherida ao Programa Retorna Cualifica Emprego, financiado pola Xunta de Galicia, iniciou hoxe, en colaboración coa Fundación Nortempo, un curso de 50 horas no que están inscritos 20 retornados galegos, a maioría de Uruguai e Arxentina, coa intención de incorporarse ao sector da hostalería antes de que finalice o mes de novembro.

Pistoletazo de saída ao XVIII Concurso de Tapas de Lugo

03.11.2023. Cheché Real, presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl); Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, e Rubén Arroxo, primeiro tenente de alcaldesa e titular da Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas, foron os encargados de darlle o pistoletazo de saída esta mañá en El Boni á décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo, que comeza hoxe e se prolongará ata o 19 de novembro. A final terá lugar a fin de semana seguinte, 24, 25 e 26 de novembro.

Mañá dará comezo o XVIII Concurso de Tapas de Lugo

02.11.2023. Cheché Real, presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl); Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, e Rubén Arroxo, primeiro tenente de alcaldesa e titular da Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas, inaugurarán mañá, ás 11:30 horas, en El Boni a décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo, que se prolongará ata o 19 de novembro. A final terá lugar a fin de semana seguinte, 24, 25 e 26 de novembro.

A Xunta ultima, da man do sector da hostalería, a primeira guía para a integración das terrazas na contorna e nos espazos públicos

31.10.2023. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), está a ultimar a primeira guía para integrar as terrazas nos espazos públicos a través do establecemento de criterios de deseño adecuados para evitar o deterioro da imaxe urbana.

Abadía San Simón e Cervecería Mulligan´s, gañadores do Cume Tapas Exprés tras obter o mesmo número de votos

30.10.2023. Os seguidores do Cume Tapas Exprés outorgáronlle a vitoria ás tapas “Explosión de esperanza”, presentada por Cervecería Mulligan´s, e “Solombo real con salsa de cogomelos de tempada”, do establecemento Abadía San Simón, tras alcanzar un empate co mesmo número de votos. Así o anunciou esta mañá a delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) despois de concluír o reconto de votos na tarde de onte.

Unha semana para poder gozar das 38 propostas gastronómicas que competirán no XVIII Concurso de Tapas de Lugo

  • O certame terá lugar do 3 ao 19 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 24, 25 e 26.

27.10.2023. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acompañado da concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, presentou esta mañá ás portas do Concello de Lugo a décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo e as súas 38 propostas culinarias. ...

O Cume Tapas Exprés, dedicado á loita contra o cancro de mama, arranca mañá

25.10.2023. O Cume Tapas Exprés, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo, dará comezo este xoves, 26 de outubro, e prolongarase ata o domingo, 29.

O Cume Tapas Exprés, de Monforte de Lemos, dedícase á loita contra o cancro de mama

20.10.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (Apehl) presentou esta tarde no Centro do Viño da Ribeira Sacra unha nova edición do Cume Tapas. Nesta ocasión, o Cume Tapas Exprés, patrocinado pola Deputación de Lugo, terá unha duración só de catro días, do 26 ao 29 de outubro, e faille unha dedicatoria especial á loita contra o cancro de mama.

Aberto o prazo de inscrición para un novo Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

18.10.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que terá lugar os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro. 

Aberto o prazo de inscricións para participar no Cume Tapas Exprés, que terá lugar en Monforte do 26 ao 29 de outubro

16.10.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) está inmersa na organización do Cume Tapas Exprés, que se celebrará en Monforte de Lemos e que nesta ocasión terá unha duración de catro días, do 26 ao 29 de outubro.