APEHL

Novas

El Boni proclámase gañador do XVII Concurso de Tapas de Lugo

01.12.2022. Os seguidores desta décimo sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo déronlle a vitoria á tapa “A leira do mar”, presentada por El Boni.

Así o anunciou esta mañá a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) nun acto que tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo ás 12:00 h e no que estiveron presentes o presidente da Apehl, Cheché Real; a concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, Maite ...

Comeza unha nova edición do Chantapas

01.12.2022. Os hostaleiros de Chantada preparan para as fines de semana do 2 ao 4 e do 9 ao 11 de decembro unha nova edición do seu Concurso de Tapas. Participarán un total de sete establecementos hostaleiros e poñerán as súas propostas a disposición dos clientes durante eses días.

Os locais participantes son: A Viñoteca, Carballeira, Garden Bar, Bar Mánix, Café Cantón, adaRosa Tapería e La Cervecería. Desde Apehl, que colaboramos cada ano co concurso, animámosvos a asistir aos establecementos a probar as tapas.

A Apehl clausurou o seu curso sobre cultura dos viños do mundo en Ribadeo

29.11.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo clausurou este mediodía o seu curso sobre cultura de viños do mundo, organizado en colaboración coa Deputación de Lugo.

A formación, que tivo lugar os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro no Parador de Turismo de Ribadeo, abordou un total de 40 viños internacionais nunhas 50 horas lectivas e contou tamén cunha viaxe á Ribeira Sacra.

Na clausura estiveron presentes o director do Parador ...

A final do XVII Concurso de Tapas de Lugo xa está aquí: o xurado comezou este venres a valorar as propostas finalistas

25.11.2022. Os catro profesionais encargados de valorar as 12 tapas finalistas do XVII Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), comezaron hoxe venres 25 de novembro ás 20:00 h a súa rolda de valoracións.

O xurado deste ano está dirixido por Quique Rodríguez, chef, comunicador e asesor gastronómico, acompañado de Juan Pozuelo Talavera, cociñeiro, formador e comunicador;  Ricardo Fernández Guerra, docente especializado en cociña e ...

O xurado empeza mañá a valorar as propostas finalistas do XVII Concurso de Tapas de Lugo para seleccionar aos premiados

24.11.2022. Os catro profesionais encargados de valorar as 12 tapas finalistas do XVII Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), comezarán mañá venres 25 de novembro ás 20:00 h a súa rolda de valoracións.

O xurado deste ano estará dirixido por Quique Rodríguez, chef, comunicador e asesor gastronómico, produtor e director de contidos para medios dixitais, colaborador en programas de radio e televisión, xurado en multitude de certames ...

O público do XVII Concurso de Tapas de Lugo escolleu os seus 12 finalistas

22.11.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo séptima edición do Concurso de Tapas de Lugo:

Bulló Xantar, Dotmas, El Boni, España, Mesón El Castillo, Nadela, O Castelo, O Cincuenta e Seis, Paprica, Portal 36, Prebe e Rabuda.

Esta vindeira fin de semana, dende o venres 25 ata o domingo 27 de novembro, estes 12 establecementos volverán ...

Convenio entre a Apehl e a Axencia de Turismo de Galicia

17.11.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo firmou un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia co fin de apoiar as actuacións, o funcionamento e a estrutura da entidade durante o ano 2022.

A hostalaría apágase ante a crise enerxética

  • As protestas, organizadas por asociacións hostaleiras, realizáronse en 28 provincias.
  • A porcentaxe de subida do recibo da electricidade, que dependerá do tamaño e tipo de negocio hostaleiro, podería situarse de media entre un 200%-400%.
  • Reclaman maiores fontes de enerxía renovable e autoconsumo, así como de fórmulas de contratación máis flexibles.

08.11.2022. Ante a situación de extrema gravidade que atravesan a maioría dos establecementos de hostalaría en España, debido á alza de prezos, liderados pola electricidade e o gas, o sector ...

Aberto o prazo de inscrición para o Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

08.11.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que comenza este próximo luns. Os días nos que se impartirá son o 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro. 

Cun total de 40 viños internacionais, 50 horas formativas e unha viaxe a Ribeira Sacra, o curso terá lugar no Parador de Ribadeo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 ...

Os sabores do outono e a música chegan a Monforte

A Xornada Gastronómica terá lugar os días 10, 11, 12 e 13 deste mes. Deliciosos produtos propios desta época do ano poderanse degustar durante os catro días nos establecementos participantes. Varios grupos musicais actuarán nos locais o venres 11.

07.11.2022. A Delegación Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) pon en marcha este xoves a campaña gastronómica Saborea e Canta o Outono, que terá lugar os días 10, 11, 12 e 13 (xoves, venres, ...