APEHL

Novas

O XVII Concurso de Tapas de Lugo será a antesala do primeiro Campionato de Pinchos e Tapas de España

O evento celebrarase do 4 ao 20 de novembro e a gran final terá lugar os días 25, 26 e 27

Cheché Real e outros integrantes de Hostelería de España reúnense en Santander

13.09.2022. Invitados pola Asociación de Hostelería de Cantabria, esta mañá celebrouse en Santander o comité executivo da Confederación Empresarial de Hostelería de España.

Con posterioridade á reunión dos membros do comité executivo, o presidente de Hostalería de Galicia, Cheché Real, participou nun encontro co presidente de Cantabria, D. Miguel Ángel Revilla; o conselleiro de Turismo de dita comunidade, D. Francisco Javier López Marcano; o presidente de Hostelería de España, José Luis Yzuel; o presidente da asociación provincial de Hostalería ...

Aberto o prazo para inscribirse ao XVII Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar en novembro

Os establecementos que queiran participar poderán efectuar a inscrición ata o día 15 de setembro.

A ocupación hostaleira en Galicia rexistrou unha media do 83,69 % durante os dous meses de verán

31.08.2022. Hostalería de Galicia, integrada polas asociacións provinciais de hostalería da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, expón os datos de ocupación real deste verán en Galicia e as previsións durante o mes de setembro.

A Apehl comparte os datos de ocupación hostaleira durante o verán en Lugo

30.08.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presenta os datos recollidos sobre a ocupación hostaleira en Lugo durante os meses de xullo e agosto e adianta as previsións do mes de setembro.

Hostelería Kit Digital, a plataforma de acompañamento ao hostaleiro para solicitar o seu bono dixital

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), en colaboración con Hostelería de España, lanza Hostelería Kit Digital, unha plataforma de acompañamento ao hostaleiro para solicitar o seu bono dixital.

O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para conseguir un avance significativo no nivel de madurez dixital.

A Apehl, en colaboración con Hostelería de España, pon á túa disposición un ...

Dez anos de promoción turística e gastronómica en La Vuelta co posto …E para comer, Lugo

12.08.2022. Este ano o posto …E para comer, Lugo volverá a estar en La Vuelta Ciclista a España, así foi anunciado esta mañá nun acto celebrado na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo.

Na presentación, participaron o secretario de Apehl, Jacobo García-Bobadilla; o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de La Vuelta, Javier Guillén, que estiveron acompañados de representantes dos diferentes ...

O próximo venres entregaranse os premios do Cume Tapas Erótico

29.07.2022. O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acollerá a entrega de premios do Cume Tapas Erótico o vindeiro venres día 5 de agosto ás 19:00 h.

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) entregará os premios aos gañadores elixidos polo xurado popular e os sorteados entre todos aqueles que entregaron os pasaportes e cupóns debidamente selados.

Os seguidores do certame outorgáronlle a vitoria á tapa ...

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo alcanzou o 86 % durante esta ponte festiva do Día de Galicia

26.07.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) publicou os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, que alcanzou una media de un 86 % de ocupación.

A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con máis visitantes, cunha media do 95 % de ocupación, máis do previsto. Lugo capital, pola súa parte, logrou o 73 % e, A Mariña, o 90 %, tamén máis do esperado.

A meirande parte das persoas ...

A Apehl comparte a súa previsión para esta ponte festiva en Galicia

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), tras contactar con distintos establecementos de aloxamento da provincia de Lugo, adianta as previsións de ocupación para esta ponte festiva en Galicia, con motivo do 25 de xullo.

Aseguran que a media de ocupación na provincia durante a primeira quincena de xullo rondou o 70 %: 60 % na Mariña, 67 % en Lugo Centro e 83 % na Ribeira Sacra. A maioría do turismo tivo procedencia nacional, ...